Grazas por visitar este sitio web. Por favor, le os termos e condicións que constan neste documento, xa que o uso deste sitivo web implica a expresa e plena aceptación dos mesmos, na versión publicada no momento en que accedes ao mesmo.
PROPIEDADE DO SITIO WEB
O presente aviso legal recolle os termos e condicións xerais que rixen o acceso e o uso do sitio web https://boudevara.gal, do que é titular a mercantil DA LUSADA, S.L., domiciliada no lugar da Pousada, 27 de Rianxo (15984 A Coruña), con NIF número B06873517. Inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela, folio 63 do tomo 406 da Sección Xeral de Sociedades, folla número SC-51.309 inscrición 1ª.
INTEGRIDADE E DISPOÑIBILIDADE DO SITIO
O uso deste sitio web realízase baixo a súa propia conta e risco. A información aquí contida ofrécese de maneira gratuita, segundo a súa dispoñibilidade, e en consecuencia DA LUSADA, S.L. non ofrece garantía ningunha de que o seu material está completo e actualizado, ou que o seu acceso non se poida ver interrompido, ou que estará libre de erros.
DA LUSADA, S.L. resérvase o dereito de restrinxir, suspender, cancelar ou finalizar, sen previo aviso e en calquera momento, o acceso a este sitio web, a unha parte do mesmo ou a calquera funcionalidade específica.
PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
Todos os dereitos de reproducción, de marcas rexistradas e de propiedade intelectual de todos os textos, debuxos, imaxes e outros materiais deste sitio web son propiedade de DA LUSADA, S.L., ou se inclúen aquí co permiso do propietario correspondente, e están debidamente protexidos.
Fica prohibida a venda e distribución de calquera reproducción de todo ou parte deste sitio web para beneficio comercial, así como a súa modificación e incorporación a outros traballos, publicacións ou sitios web, sen o expreso consentimento de DA LUSADA, S.L. Só se autoriza a utilización dos contidos deste dominio web con fines informativos e de servizo, sempre que se cite ou se faga referencia á fonte.
OPINIÓNS E RECENSIÓNS
Para poder publicar calquera contido no servizo de opinións e valoracións dispoñible nesta web debe ser Vde maior de idade, ou ben ter recibido consentimento da/s persoa/s que exercen a patria potestade.
Todos os contidos que publique deben ser axeitados e baseados na súa experiencia concreta sobre o produto valorado. Non se incluirán informacións de carácter persoal como enderezos, e-mail, información de contacto ou números de teléfono.
É vostede responsable directo da veracidade, exactitude, actualidade e suficiencia das manifestacións que realice, eximindo a DA LUSADA, S.L. das consecuencias e prexuizos que poida provocar unha declaración inexacta, directamente falsa ou errónea.
A publicación dos seus comentarios, opinións ou recensións poderá estar suxeita a revisión e aprobación pola nosa parte, e non contará con garantía de confidencialidade, polo que Vde acepta que poidan resultar accesibles a calquera usuario, podendo mesmo usarse con fins comerciais, divulgativos, informativos ou publicitarios.
LIGAZÓNS CON OUTROS SITIOS WEB
As ligazóns existentes neste sitio web poden dirixir fóra do dominio boudevara.gal, e DA LUSADA, S.L. non asume responsabilidade algunha polo contido, a exactitude ou o funcionamento de ditos sitios web de terceiros.
XURISDICCIÓN E DEREITO APLICABLE
Calquera disputa ou reclamación derivada do uso deste sitio web, ou relacionada co seu uso, resolverase de conformidade co dereito español e someterase á competencia territorial e á xurisdicción exclusiva dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela.