Mexillóns das Rías Baixas D.O.P. Mexillón de Galicia en escabeche
Descripción
O mexillón BOU DE VARA cultívase nas mellores zonas das Rías Baixas galegas, onde se estableceron as primeiras bateas a mediados do século XX.
Cando as correntes mariñas atlánticas de auga fría (densas e en consecuencia máis profundas) empezan a elevar a súa temperatura á chegada das costas galegas prodúcese o fenómeno coñecido como “de afloramento”. O quencemento provoca unha diminución da súa densidade e comezan a ascender arrastrando os nutrientes do fondo mariño.
Dentro dos polígonos de bateas, aquelas situadas nas zonas máis exteriores son nas que o mexillón accede aos maiores e mellores depósitos de fitoplancton. Destas bateas extráese o noso mexillón, inigualable en tamaño e cualidades organolépticas (cor, sabor e textura).
Envasados ao xeito tradicional, peza a peza, por mans expertas. Do mar á lata en cuestión de horas, para preservar todas as súas cualidades coa máxima frescura. Empregando os mellores ingredientes na súa preparación cun escabeche único. Para desfrutar con todos os sentidos, gozando coa vista nada máis abrir a lata, ata apreciar o seu sabor e textura no padal.
Ingredientes
Mexillóns (Myltilus galloprovincialis) (60%), aceite de oliva (22%), vinagre de viño, especias e sal.
Valor Nutricional
Valor nutricional medio por 100 g de peso escorrido:
- Valor enerxético ……………………………. 659kJ / 157 kcal
- Graxas ………………………………………………… 7,3 g
- (ácidos graxos saturados ………. 1,4 g)
- Hidratos de carbono…………………… 1,9 g
- (azucres ……………………………………………. 1,9 g)
- Proteínas …………………………………………. 21,0 g
- Sal ……………………………………………………….. 1,8 g
- Sen glute
Información adicional
Nº Pezas | 3/4 Pezas, 4/6 Pezas, 6/8 Pezas, 9/12 Pezas |
---|---|
Formato | RO-120 |
Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.