Conservas gourmet
de tradición artesá

Apostando polos nosos produtos, está a compartir connosco o compromiso cun xeito de producción pesqueira sostible e respectuosa.

As nosas conservas baseánse na tradición artesá, desde a obtención da materia prima ata o envasado, á vez que integran a vangarda culinaria e os máis altos estándares de calidade. Con cada lata, poñemos en valor os atributos e potencialidades do produto e da súa contorna, difundindo a cultura xenuina asociada ás súas orixes.

Seleccionamos para Vde. os mellores peixes e mariscos en producións limitadas, con garantía de orixe nas zonas máis sobranceiras das rías galegas. Cada especie obtense no seu momento óptimo de sabor, por profesionais con toda unha vida ligada ao mar, e procésase de inmediato por mans expertas para preservar as súas cualidades coa máxima frescura.

Esta combinación de factores permítennos acadar a excelencia en conservas de produtos do mar. Ao abrir unha das nosas latas, déixese envolver pola experiencia dos sentidos de BOU DE VARA.

Vieiras da Ría de Arousa en prebe mariñeiro

Volandeiras do bou de Rianxo en prebe mariñeiro

Mexillóns das Rías Baixas D.O.P. Mexillón de Galicia en escabeche

Xoubiña do xeito de Rianxo en AOVE

Berberechos da Ría de Noia

Navallas de Fisterra

Carriño0
Non hai produtos no carriño!
Continuar mercando
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.