Volandeiras do bou de Rianxo en prebe mariñeiro

18,50 € - 19,50 €

Envío gratis a Península en pedidos superiores a 70,00 €
Volandeiras de Rianxo capturadas co arte do “bou”, preparadas en tradicional prebe mariñeiro. Recomendamos degustalas ao baño María.

Volandeiras do bou de Rianxo en prebe mariñeiro

O bou de vara é a arte de pesca que dá nome ás nosas conservas. Escollémolo porque se identifica coa nosa visión tradicional e fortemente arraigada no mundo mariñeiro. Só está autorizado o seu uso na Ría de Arousa, e ocupa un lugar destacado na historia da vila de Rianxo.

Nos últimos meses do ano, en que se permite a súa captura, a frota de bou de vara volve a porto entre outros con volandeiras, o seu produto estrela, molusco bivalvo da mesma familia que a zamburiña e a vieira, pero cunha cuncha máis redondeada e ton alaranxado.

Como outros bivalvos, é unha especie filtradora que se alimenta de fitoplancton. É rica en vitaminas A e B, baixa en graxas, e cun alto contido proteínico e en minerais como calcio, iodo e fósforo.

Envasadas ao xeito tradicional, peza a peza, por mans expertas. Do mar á lata en cuestión de horas, para preservar todas as súas cualidades coa máxima frescura. A volandeira BOU DE VARA preséntase preparada en tradicional prebe mariñeiro, a base de cebola, tomate, loureiro, vinagre e aceite de oliva virxe extra. Para desfrutar con todos os sentidos, gozando coa vista nada máis abrir a lata, ata apreciar o seu sabor e textura no padal. Un manxar gastronómico que marida á perfección con viños brancos secos envellecidos.

Ingredientes

Volandeiras (Aequipecten opercularis) (66,6%), aceite de oliva (20,3%), cebola (6,5%), tomate (3,4%), pemento morrón (1,5%), viño branco (1%), especias e sal.

Valor Nutricional

Valor nutricional medio por 100 g de peso escorrido:

  • Valor enerxético ………………………….. 798kJ / 192 kcal
  • Graxas ………………………………………………. 13,4 g
  • (ácidos graxos saturados …….. 2,9 g)
  • Hidratos de carbono…………………. 5,2 g
  • (azucres ………………………………………….. 0,7 g)
  • Proteínas ……………………………………….. 12,6 g
  • Sal ……………………………………………………… 0,9 g
  • Sen glute

Información adicional

Formato

RO-120

Nº Pezas

6/9 Pezas, 12/14 Pezas

1 valoración en Volandeiras do bou de Rianxo en prebe mariñeiro

  1. Anónimo (propietario verificado) –

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

Comparte este manxar!

Produtos relacionados