Vieiras da Ría de Arousa en prebe mariñeiro

21,90 

99 dispoñibles

Vieiras da Ría de Arousa, envasadas en fresco e preparadas en tradicional prebe mariñeiro. Un manxar que marida á perfección con viños brancos secos envellecidos.

Descripción

A vieira é, quizais, o molusco bivalvo máis famoso de Galicia, non só pola exquisitez da súa carne, senón tamén pola asociación histórica da súa cuncha co símbolo do Camiño de Santiago e o Xacobeo.

A súa extracción está rigorosamente regulada. A frota dos portos arousáns de Cambados, O Grove, Rianxo, Ribeira e A Pobra sae a faenar en períodos curtos de tempo, normalmente de novembro a marzo, utilizando a arte de pesca tradicional denominada rastro da vieira. A descarga do marisco realízase na lonxa de Cambados, onde unha empresa autorizada realiza a súa depuración e posterior eviscerado. Tanto as zonas de captura como a arte de pesca, o período de extracción e os procesos de depuración están avalados polo selo de calidade PescadeRías.

BOU DE VARA elabora a vieira en fresco, logo dun proceso de cocción estritamente controlado para manter a súa textura e sabor xenuínos. O envasado efectúase ao xeito tradicional, peza a peza, por mans expertas. Do mar á lata en cuestión de horas, para preservar todas as súas cualidades coa máxima frescura. Preparada en tradicional prebe mariñeiro, a base de cebola, tomate, loureiro, vinagre e aceite de oliva virxe extra. Para desfrutar con todos os sentidos, gozando coa vista nada máis abrir a lata, ata apreciar as súas cualidades no padal. Un manxar gastronómico que marida á perfección con viños brancos secos envellecidos.

Ingredientes

Vieiras – Pecten Maximus, aceite de oliva, cebola, tomate, viño branco, sal e especias.

Valor Nutricional

Valor nutricional medio por 100 g de peso escorrido:

  • Valor enerxético ………………………….. 798kJ / 192 kcal
  • Graxas ………………………………………………. 13,4 g
  • (ácidos graxos saturados……… 2,9 g)
  • Hidratos de carbono…………………. 5,2 g
  • (azucres ………………………………..…….….. 0,7 g)
  • Proteínas …………………….…………..…….. 12,6 g
  • Sal ……………………………………………………… 0,9 g

Sen glute

Información adicional

Formato

RO-150

Nº Pezas

3/4 Pezas

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

Comparte este manxar!
Carriño0
Non hai produtos no carriño!
Continuar mercando