A presente política de privacidade describe de qué maneira recollemos a información dos nosos clientes, con qué fin a empregamos e cómo a xestionamos. A súa privacidade é importante para nós, e outorgámoslle unha grande importancia, polo que desexamos expresar o máximo compromiso coa protección dos datos persoais dos nosos usuarios.
Temos implementado as medidas técnicas e organizativas necesarias que indica a normativa de protección de datos para asegurar a confidencialidade dos seus datos, en cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD) aprobado pola Unión Europea, así como a Lei Orgánica 3/2018 de 5 de decembro (LOPDGDD). Porén, non podemos asumir ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario.
RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS DATOS
Os seus datos de carácter persoal serán tratados pola mercantil DA LUSADA, S.L., con NIF B06873517 e domicilio fiscal en Pousada, 27 (Rianxo). Para calquera consulta ou comentario acerca desta política de privacidade ou a nosa práctica no tratamento de datos, pode contactar con nós a través do enderezo electrónico info@boudevara.gal
FINALIDADES NO TRATAMENTO DOS DATOS
- Cumprir coas nosas obrigas contractuais no caso que Vde decida adquirir algún dos nosos produtos, así como realizar a xestión administrativa, fiscal e contable derivada dos mesmos.
- Co obxecto de atender as súas consultas ou enviarlle información relacionada coas súas solicitudes.
- Sempre co seu consentimento, enviarlle información comercial dos nosos produtos.
- Sempre co seu consentimento, realizar publicacións na nosa web ou redes sociais. Neste sentido, cando Vde se faga seguidor das nosas redes sociais consinte que os seus datos persoais sexan tratados na foma en que cada unha delas o permitan en función da súa técnica, así como dos seus propios termos e condicións, e non serán utilizados para finalidades diferentes ás previstas polas propias RRSS dentro das súas plataformas e/ou entorno destas.
USO DE COOKIES
Sobre a definición, finalidade, instalación e uso das cookies derivadas da navegación no noso sitio web, consulte por favor o documento específico sobre Política de Cookies.
CRITERIOS DE CONSERVACIÓN DOS DATOS
Conservaremos os seus datos de carácter persoal durante o período de prescrición das obrigas legais, e entanto siga existindo interese en manter as relacións comerciais por ambas as partes, de maneira que se procederá á supresión dos mesmos cando xa non sexa preciso acadar as finalidades que xustificaran o tratamento dos mesmos.
No caso concreto do envío de comunicacións comerciais e publicacións en redes sociais, cando Vde o autorizara expresamente, conservaremos os seus datos até Vde decidir retirar dito consentimento ou oporse ao seu tratamento.
ACTUALIZACIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
O usuario garante que os datos persoais que nos facilita através deste sitio web son veraces, correctos, actuais e completos. O usuario deberá comunicar calquera modificación ou actualización dos mesmos, mediante o envío dunha comuncación ao enderezo postal ou electrónico sinalados no encabezamento deste documento.
DESTINATARIOS DA INFORMACIÓN
DA LUSADA, S.L. non cederá información a terceiros, agas obriga legal ou as necesarias para a prestación dos seus servizos.
No noso sitio web só se publicarán aqueles datos para os que Vde haxa outorgado consentimento expreso, ficando accesibles a calquera usario do internet.
A información facilitada polo usuario através das redes sociais da empresa, pode ser publicada, sempre en función dos servizos que o usuario utilice e dependendo da configuración e permisos que teña previsto nestas aplicacións de terceiros.
TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS DE DATOS
Como usuario dos servizos dalgunha rede social, como Facebook, Twitter, YouTube, LinkedIn ou Instagram, poden producirse transferencias internacionais de datos fóra da UE. Estas redes sociais e os seus socios operan a nivel global e usan cookies para a realización estatísticas, anuncios e outros. Teña en conta esta información se Vde acepta publicar nalgunha ocasión algún dos seus datos nos nosos perfís sociais.
Para ampliar información a este respecto pode consultar as seguintes páxinas
Twitter: https://help.twitter.com/es/rules-and-policies/global-operations-and-data-transfer
Linkedin: https://es.linkedin.com/legal/l/dpa
Google: https://cloud.google.com/security/compliance/eu-mcc?hl=es
Facebook: https://es-es.facebook.com/privacy/explanation
Whatsapp: https://www.whatsapp.com/legal/updates/privacy-policy/?lang=es
DEREITOS DOS USUARIOS
Calquera interesado ten dereito a acceder aos seus datos persoais, así como solicitar a rectificación dos datos inexactos ou solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, non sexan xa necesarios para os fins para os que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, o interesado poderá solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, en cuxo caso únicamente se conservarán para o exercicío ou a defensa de reclamacións.
En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, o interesado poderá oporse ao tratamento dos seus datos. Neste caso cesarase este tratamento, agás por motivos lexítimos imperiosos ou o exercício ou a defensa de posibles reclamacións.
Tamén terán dereito a retirar o consentimento ao tratamento dos seus datos en calquera momento, cando a base que lexitima o mesmo sexa a obtención do propio consentimento do interesado.
Poderase presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control competente en materia de Protección de Datos, como a Axencia Española de Protección de Datos, en particular cando o usuario non estea satisfeito no exercicio dos seus dereitos ou crea que o tratamento dos seus datos non é axeitado coa legalidade vixente.
Pode exercer os seus dereitos mediante comunicación escrita dirixida aos enderezos indicados no encabezamento deste documento, identificándose e achegando copia do seu documento de identidade ou equivalente. En comunicacións comerciais, Vde poderá revocar o consentimento outorgado procedendo de igual maneira, ou ben premendo sobre a ligazón de “baixa” cando esta exista.
MEDIDAS DE SEGURIDADE
De conformidade co disposto na normativa vixente, a mercantil DA LUSADA, S.L. cumpre con todas as disposicións do RGPD para o tratamento dos datos persoais da súa responsabilidade, e manifestamente cos principios descritos no seu artigo 5, en función do cal son tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación co interesado, y axeitados, pertinentes e limitados ao estrictamente necesario en relación aos fins para o que son tratados.
ACEPTACIÓN E CONSENTIMENTO
O usuario manifesta que foi informado sobre a nosa política de protección de datos, e consinte o seu tratamento coas finalidades expresadas anteriormente.
Advírtese que algúns dos servizos prestados na web poderán ter condicións particulares, das que en tal caso se informará debidamente.