Xoubiña do xeito de Rianxo en AOVE

Xoubiña de Rianxo en aceite de oliva virxe extra. Capturada nos meses de xullo e agosto coa arte tradicional do “xeito” e enlatada no mesmo día.

Descripción

O “xeito” é unha arte de pesca de enmalle de deriva, de longa tradición na vila de Rianxo (Ría de Arousa). É respectuosa e sostible, pois é selectiva, non intensiva e sen descartes. As tripulacións están formadas por mariñeiros da zona, con toda unha vida ligada ao mar. As capturas póxanse na lonxa de Rianxo e contan con todas as garantías da certificación “PescadeRías”.

A nosa xoubiña captúrase no mes de xullo, cando as súas características culinarias se atopan no momento óptimo. Os nosos mariñeiros saen “á lusada”, vindo a terra coas primeiras luces do día, cando o peixe está no seu mellor momento de preparación. A xouba retírase da malla unha a unha, mantendo a integridade da escama e da carne, sen amorear para que non se esmague, e con frío natural evitando o contacto directo co xeo.

Envasamos ao xeito tradicional, peza a peza, por mans expertas. O peixe pasa do mar á lata nunhas 4 horas, para preservar todas as súas cualidades coa máxima frescura. Empregando os mellores ingredientes, como aceite de oliva virxe extra na súa máxima proporción. Para desfrutar con todos os sentidos, gozando coa vista nada máis abrir a lata, ata apreciar todo o seu sabor e textura no padal.

Ingredientes

Sardiñas (Sardina pilchardus), aceite de oliva (10% de aceite de oliva virxe extra) e sal.

Valor Nutricional

Valor nutricional medio por 100 g de peso escorrido:

  • Valor enerxético ………………………………. 878kJ / 210 kcal
  • Graxas …………………………………………………… 12,2 g
  • (ácidos graxos saturados …………. 3,4 g)
  • Hidratos de carbono……………………… 0 g
  • (azucres ………………………………………………. 0 g)
  • Proteínas ……………………………………………. 25,1 g
  • Sal ………………………………………………………….. 1 g
  • Sen glute

Información adicional

Nº Pezas

14/18 Pezas, 20/30 Pezas, 8/10 Pezas, 10/12 Pezas

Formato

RO-120

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Só os usuarios rexistrados que compraran este produto poden facer unha valoración.

Produtos relacionados

Comparte este manxar!
Carriño0
Non hai produtos no carriño!
Continuar mercando