CONDICIÓNS XERAIS DE VENDA. ENVÍOS E DEVOLUCIÓNS

As seguintes condicións xerais regular a oferta e a venda de produtos a través da tenda online incluída neste sitio web, aloxado baixo o dominio boudevara.gal (a “Web”), propiedade de DA LUSADA, S.L. (“a Empresa”) con NIF B06873517 e domicilio en Lugar da Pousada, 27 de Rianxo (15984).

Debido ao contido e a finalidade da Web, as persoas que queiran beneficiarse dos seus servizos contan coa condición de “Cliente”, que adquiren complementando o formulario de rexistro e venda, e seguindo os pasos que a Empresa posteriormente comunique por correo electrónico.

Non obstante, existen páxinas dentro desta Web accesibles sen necesidade de rexistro ou acción de compra (os “Usuarios”). Neste sentido, os Usuarios que accedan a estas partes da Web aceptan someterse aos termos e condicións que lle sexan de aplicación dentro destas Condicións Xerais.

Facemos saber a Clientes e Usuarios que esta a tenda online desta Web diríxese exclusivamente a maiores de 18 anos, e que o territorio no que acepta e distribúe pedidos é o pertencente ao Estado Español dentro da Península Ibérica e as Illas Baleares. Non se realizan envíos a outros territorios, tampouco ao arquipélago Canario, Ceuta e Melilla. Se algún Usuario estivera interesado en recibir algún artigo fóra deste ámbito de cobertura, por favor contacte coa Empresa a través de info@boudevara.gal e estudaremos a súa solicitude.

CONDICIÓNS DE USO

Estas condicións regulamentan a oferta, a aceptación de compra e o envío de produtos da Empresa aos seus Clientes. Estes produtos ofrécense exclusivamente a consumidores finais, polo que a Empresa resérvase o dereito de non atender pedidos realizados por suxeitos que non teñan tal condición de consumidor final, e adquiran produtos destinados a unha posterior revenda. Exceptúanse destas Condicións aqueles Clientes da Empresa que formen parte de grupos de hostalaría, tendas e outros Clientes directos.

REQUISITOS PARA A CONDICIÓN DE USUARIO REXISTRADO

Poderán adquirir a condición de usuario rexistrado as persoas maiores de idade e con plena capacidade para contratar, que suscriban as presentes Condicións Xerais. Esta condición implica a leitura e aceptación expresa e sen reservas destes termos, que manifesta coñecer previamente á súa aceptación, podendo ser almacenadas e reproducidas polo Usuario.

A alta como usuario rexistrado é opcional para a adquisión de produtos nesta tenda online. O nome de usuario e o contrasinal xerados teñen carácter estrictamente persoal e confidencial. O usuario será responsable de manter a súa confidencialidade, e acepta a presunción por parte da Empresa de que as actuacións do usuario rexistrado nesta web, no emprego das súas claves de identificación, son realizadas por el/ela mesmo/a, agás no caso que se teña comunicado previamente a súa perda.

O contrasinal poderá ser modificado libremente polo usuario, através dos procedementos establecidos ao efecto. O contrasinal substituído ficará anulado como medio de identificación no mesmo momento en que se xere o novo.

A Empresa resérvase o dereito a bloquear o acceso e emprego da Web cando así o estime preciso por motivos de seguridade (por exemplo, cando se produzan erros sucesivos na consignación das claves de usuario para o seu acceso) sempre co obxecto de impedir revelacións non autorizadas ao contido da información persoal do Usuario.

OBRIGAS DO USUARIO

  • Comunicar á Empresa todos os datos precisos para o acceso e utilización dos servizos que esixan identificación previa, e que deberán ser veraces, actuais e axustados á realidade. En particular, a súa información de contacto poderá serivr para poñérmonos en contacto con Vde se fora necesario.
  • Non realizar ningún pedido fraudulento, falso ou especulativo. A Empresa resérvase o dereito de anular o pedido e/ou informar ás autoridades pertinentes en caso de ter motivos razonables para consideralo deste xeito.
  • Ser maior de idade e ter capacidade legal para cursar contratos vinculantes.
  • Adoptar as medidas de seguridade necesarias para manter a confidencialidade dos seus datos de acceso, así como notificar á Empresa de inmediato a súa perda, roubo, coñecemento por parte de terceiros ou acceso ilexítimo.
  • Facer un uso axeitado e de conformidade co ordenamento xurídico dos servizos incluídos nesta Web.
  • Non realizar actividade ningunha que dificulte ou interfira no correcto funcionamento dos nosos servizos.
  • Proceder ao pagamento dos bens que contrate através deste sitio web, incluídos gastos de envío e xestión se é o caso.

ACEPTACIÓN DE PEDIDOS

Todos os pedidos están suxeitos á nosa comprobación e aceptación. Non se considera existencia de contrato entre Vde e a Empresa mentres o seu pedido non sexa aceptado por nós, mesmo aínda que conste como pago e teña recibido un correo como acuse de recibo. Se o seu pedido non é aceptado e xa foi abonado, o importe correspondente seralle reembolsado na súa totalidade. A aceptación do seu pedido seralle comunicada mediante un correo de confirmación de envío.

Só os produtos relacionados na confirmación de envío serán obxecto de contrato. A Empresa non está obrigada a subministrar ningún outro produto que puidera ter sido obxecto de pedido a maiores, mentres non se lle remita unha confirmación de envío aparte.

A Empresa poderá absterse de cursar pedidos que resulten incompletos ou incorrectos. Tamén aqueles nos que os produtos non estean dispoñibles, sen responsabilidade cara Vde ou cara terceiros. O Cliente acepta que os produtos que ofrece a Empresa na súa tenda online están suxeitos a límite de existencias.

En tal caso, o noso compromiso é informalo puntualmente e, cando xa se teña realizado o pagamento, proceder ao seu reembolso á maior brevidade.

POLÍTICA DE ENVÍOS

Só se recollerán pedidos que teñan como destino un punto peninsular ou o arquipélago Balear. Non se realizan envíos a outros territorios, tampouco ao arquipélago Canario, Ceuta e Melilla. Se algún Usuario estivera interesado en recibir algún artigo fóra deste ámbito de cobertura indicado, por favor contacte coa Empresa a través de info@boudevara.gal e estudaremos a súa solicitude.

O transporte do nosos produtos realizarase através dunha axencia de recoñecida solvencia, que efectuará o servizo porta a porta, nun prazo desde a confirmación de envío dunhas 48/72 horas. As entregas realizaranse en días hábiles.

Para evitar retrasos ou devolucións, por favor poña atención ao cubrir os datos do enderezo de entrega. A Empresa non se fai responsable en caso de datos incorrectos ou incompletos.

O Cliente deberá notificar á Empresa a non recepción de pedidos cando se superen os 5 días hábiles desde o seu envío. Poñerémonos en contacto coa axencia de mensaxería para concertar con Vde unha nova data de entrega.

Á entrega do seu pedido, deberá comprobar que todo está conforme co solicitado. En caso de observar danos na embalaxe externa, é responsabilidade do Cliente facer constancia da incidencia no momento da súa recepción, indicándoo no albará de recepción ou dispositivo electrónico do repartidor.

De existir algunha discrepancia ou problema co contido do seu pedido, deberá poñerse en contacto con nós nun prazo de 24 horas através de info@boudevara.gal indicando os seus datos persoais, número de pedido e descrición do problema. A Empresa poñerase en contacto con Vde á maior brevidade para solucionar a incidencia.

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓNS

Sempre que o desexe, e sen necesidade de comunicar o seu motivo, o Cliente dispón de 7 días naturais desde a recepción do pedido para proceder á súa devolución, que deberá notificarse ao enderezo electrónico info@boudevara.gal indicando no asunto a palabra “Devolución”.

Os produtos deberán devolverse nas mesmas condicións en que Vde os recibe, coa súa embalaxe orixinal intacta. O Cliente será responsable de demostrar que os artigos foron realmente devoltos a orixe, polo que recomendamos que envíe sempre as súas devolucións mediante un sistema que permita o seguimento e certifique a entrega, para a súa seguridade. O Cliente cargará cos custos de devolución, e en consecuencia non se aceptarán devolucións realizadas a portes debidos.

Logo de comprobar que os produtos devoltos cumpren co aquí especificado, remitirémoslle un correo electrónico informándolle de que a devolución foi aceptada. Procederase entón á devolución do importe cobrado, con excepción dos gastos de envío, dentro dun prazo de 15 días seguintes á recepción dos produtos non nosos almacéns, no enderezo

BOU DE VARA

Rúa dos Gudiños, 14 baixo
15920 Rianxo (A Coruña)

En caso de devolucións de produtos defectuosos ou incorrectos, procederemos ao seu exame e comunicarémoslle nun prazo razonable se procede o seu reembolso ou substitución, que se efectuará nun prazo non superior aos 15 días seguintes á data de confirmación da recepción.

Os importes satisfeitos por aqueles produtos que sexan devoltos por tara ou defecto comprobado, serán reembolsados íntegramente, cando así se solicite, incluídos os gastos de envío e aqueles custos que o Cliente afrontara para a súa devolución.

O reembolso dos importes correspondentes poderá realizarse mediante transferencia bancaria, para o que a Empresa poderá solicitarlle ao Cliente un número de conta onde proceder coa mesma.

POLÍTICA DE GARANTÍAS

Temos posto especial coidado en amosar de forma precisa tanto as imaxes como as características dos nosos produtos. Neste sentido, teña en conta que

  • a calibración de cada monitor é diferente, e en consecuencia non podemos garantir que Vde visualice as súas cores con total exactitude
  • as imaxes puideran amosar unha suxestión de presentación dos alimentos, que inclúa elementos que finalmente non estean presentes no produto entregado

A Empresa non se fai responsable de ningún incumprimento ou retraso no cumprimento dalgunha das súas obrigas cuxa causa se deba a acontecementos que estean fóra do noso control (causas de forza maior). Estas causas de forza maior incluirán calquera acto, acontecemento, falta de exercício, omisión ou accidente tales como

  • folgas, peches patronais e similares
  • revoltas, invasións, ataques terroristas ou guerras
  • incendio, treboada, terremotos, epidemias e outros desastres naturais
  • imposibilidade de uso de transportes públicos ou privados
  • actos, decretos, normativas ou restricións impostos polos gobernos

Entenderase que as nosas obrigas de cumprimento de contrato ficarán suspendidas durante o período en que a causa de forza maior continúe vixente. Poñeremos todos os medios razonables para a súa remisión ou no seu caso atopar unha solución para o cumprimento das nosas obrigas.